Valedor do Pobo e galego

Nunca  escribo os posts en galego. Non é por nada máis que porque escribindo en castelán chego a máis xente. Eso é indubidable. Poderíase dicir que aínda chegaría a máis xente se escribise en inglés, pero o meu «target» é xente máis local, porque o dereito que coñezo é o español, así que coido que o que digo non adoita interesar á xente de Alemaña, de Rusia ou dos Estados Unidos, por poñer algún exemplo.

Este post, sin embargo, probablemente sexa máis lido por galegos que por españois de fóra de Galicia, así que non pasa nada porque se escriba en galego. Por outra banda, sinto que cómpre que o escriba así para que non se malinterprete o que eu diga e se me tache, directamente, de antigaleguista, cando non hai nada máis lonxe da verdade e, ademais, intento que o blog sexa unha visión crítica da realidade dende o punto de vista xurídico e non tanto unha exposición continua das miñas ideas políticas, aínda que, ás veces, as persoas non podemos deixar de que se nos note o que pensamos.

Estes días, podíanse ler na prensa e pola rede cousas coma esta: » Según informa el coordinador de UPyD de Vigo, Pedro Larrauri –a través de un comunicado–, el Valedor do Pobo, Benigno López González, ha instado a la Consellería de Educación –después de recibir una queja de este ciudadano– a retirar un libro de texto de quinto de primaria de la asignatura Coñecemento do Medio porque en él figura que «la lengua propia de Galicia es el gallego» y omite que el castellano también es oficial. Una cuestión que el alto comisionado del Parlamento considera «una información inexacta e incompleta y, por lo tanto, falsa».

Por ello, Prolingua denuncia, a través de un comunicado publicado este domingo en su página web, que: «el responsable de velar por el cumplimiento de la legislación que tenemos, ignore los contenidos del Estatuto de Autonomía, parece un absurdo, mismo cómico, si no fuese por la trascendencia del cargo y de sus decisiones» –en alusión al Valedor do Pobo. «

A xente, coma sempre, empezou a formar a súa opinión baseándose nas noticias que lía, que, por suposto, segundo a cor da prensa que elixas, vanse centrar no que queren. O que máis se oía era que o Valedor retirara o libro porque transcribía literalmente o artigo 5 do Estatuto de Autonomía e non quería que se dixera que a lingua propia de Galicia é o galego.

Eu son da opinión (e creo que sempre o digo) de que non se poden xulgar as cousas por referencias. Hai que ir á fonte, hai que ver un mesmo o que pasou e valorar con coñecemento completo do que se valora. Así que podedes atopar a resolución completa do Valedor aquí.

Ademais diso, podería ser interesante ler completo o artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia, que non remata no apartado primeiro:

ARTIGO 5

  1. A lingua propia de Galicia é o galego.
  2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
  3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
  4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

 

E, incluso, o artigo 3 da Constitución Española:

Artículo 3.

1. El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla.

2. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos.

3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección.

 

E, agora sí, xa con toda a información, coido que calquera pode formarse unha opinión fundada, que non ten por qué coincidir coa miña.